Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Intento de diario do grupo de alumnos e alumnas de 4º B do IES Agra de Raíces

Intento de diario do grupo de alumnos e alumnas de 4º B do IES Agra de Raíces, da aula de informática, co obxectivo de abrir unha xaneliña ao cibermundo

Retomamos a normalidade, lembrando o ben que o pasamos, ...

A semán que ven a vice-directora daranos as camisolas para vender, e así aforrar algo de diñeiro para ir a excursión de fin de curso a Barcelona.

Hoxe iniciamos a clases, despois das vacacións do entroido. Na nosa clase faltaron varios rapaces por mor da gripe.





Na semana do entroido os participantes desprazáronse coas súas carrozas e os seus disfraces ata Dumbría, Cee e Fisterra. En Dumbría gañou unha comparsa de Fisterra, así como en CEE agasallada co 1º premio.

O amor por San Valentín, ...

O día 14 de Febreiro é un día moi sinalado, porque simboliza o amor que senten os namorados.
Para nós este día simboliza unha nova etapa para as persoas que están namoradas e que teñen un sentimento moi profundo cara outra persoa. Porque:

- É un día no que as parellas se fan un regalo.
- O seu amor simbolízase vestindo unha prenda vermella.
- O día no que se dan conta dos sentimentos que senten un cara o outro.
- Este día serve para que o seu amor sexa máis firme.

Ademais simbolizamos que o amor é un sentimento moi forte que se ve reflectido no día dos namorados.



Esperemos que todas as parellas gocen deste día tan sinalado para elas e serva para que o seu amor perviva sempre no seu corazón.

Canta fame teño...

Desde fai meses chamounos a atención a presencia de Gardas Civís nas portas do instituto, pero...., hai unha semana aquí isto xa pasa do normal...: parecemos fuxitivos!!!

“ Aínda non habemos de poder comer”!!!




Pero pregúntome eu..., é normal isto de non deixarnos comer???

Con tanta fame no mundo, se nos retira sen devolución a comida..., a ónde vai para???

1.Ás barrigas dos altos cargos do instituto? Pos vai ser que non...!!
2.Ao terceiro mundo? Penso que tampouco...!!
3.Ou ao lixo? Eu que sei...!!!

E sígome preguntando...!!! Para que gastámolos cartos en lambonadas, se despois nolas quitan todas!!!

Aí ven a vacina da meninxite...

BUAH!!!!!!!!!!! O luns foi festa total para os de 4 eso B, xa que so tiveron unha clase pola mañá, debeu haber unha epidemia porque faltou moito profesorado, e, ademais tivemos charla e pasámolo pipa…, oxalá foran así todos os días!!! Ui…, perdón. Canta vagancia me entrou de repente…

Parece se que os rapaces e rapaces de 13 a 25 anos deben dar a vacina de meninxite no centro educativo a partir do luns, Tamén é casualidade que coincida co día no que temos unha excursión de patinaxe a Coruña.




Coidado…, non esvares no xeo!!!

Un pouco crítico e trascendental, ...

É unha inxustiza o que está ocorrendo no concello de Cee. Están gastando o diñeiro nunha praia que nunca foi praia, e en moitas parvadas máis en vez de facer outras cousas que teñen mais importancia.

Por exemplo, …:

• Arranxar as pistas, en vez de tapar buratos.
• Arranxar os conductos dos residuos en Brens.
• Facer a pista que une Raso con Berroxe e Fadibón.
• Arranxar os problemas co sinal das televisións.





Investimentos que non son os máis necesarios para a vila, iso é o que fan.


Ai ..., se eu fora Alcalde, ... o primeiro que faría sería ...

Intento de diario do grupo de alumnos e alumnas de 4º B do IES Agra de Raíces © Todos los derechos reservados al autor
Sindica este sitio usando: RSS 1.0, RSS 2.0, Atom.
Esta bitácora se mantiene con Bitacoræ.